LICOR DE CHOCOLATE BRANCO
INGREDINTES:
- 500 gr. de azucre glass
- 1/2 litro de auga
- 200 gr. de chocolate branco
- 1 lata pequena de leite condensado
- caña branca (vale vodka, ron, etc)
ELABORACIÓN:
Triturar o chocolate e mesturar có azucre e a auga e poñer ao lume para facer un almíbar.
Deixar arrefriar un pouco e engadir o leite e o alcol elexido e mesturar ben. E xa está listo!!!
*Tamén podemos facer con chocolate negro ou con leite. Para o chocolate negro engadir un pouco máis de azucre.
CREMA DE ORUXO
INGREDINTES:
- 1 litro de oruxo
- 1 vaso cheo de café
- 1 xema de ovo
- 1 bote de leite condensado grande
ELABORACIÓN:
Mesturamos todo xunto ata que quede un líquido homoxéneo. Gardar no frigorífico.
CONSELLO: están moito máis bos si se fan uns días antes e si se serven fríos.


